Michaud 1853, nas páxinas 17 e 18, fai referencia a unha carta enviada polo sultán mameluco (e escrita polo seu secretario) a Bohemundo VI, narrando a conquista de Antioquía non seguintes termos: A morte chegou entre os asediados de tódolos lados e por tódolos camiños: matamos todo o que ti puxeras para gardar a cidade ou defender os seus achegamentos. Se tiveses visto aos teus cabaleiros pateados baixo os pés dos cabalos, as túas provincias entregadas ao saqueo, as túas riquezas repartidas, as mulleres dos teus súbditos postas á venda pública; se vise os púlpitos e as cruces envorcados, as follas do Evanxeo esgazadas e botadas aos ventos, e os sepulcros dos teus patriarcas profanados; se vises os teus inimigos, os musulmáns, pisando o tabernáculo e inmolando no santuario o monxe, crego e diácono; en fin, se tiveses visto os teus pazos entregados ás chamas, os mortos devorados polo cansazo deste mundo, a Igrexa de San Paulo e a de San Pedro destruídas por completo e enteiramente , certamente, berrarías: Oxalá que o Ceo me convertese en po.