Analysis of information sources in references of the Wikipedia article "ACE2" in Galician language version.
O descubrimento do ACE2 e o seu papel en contrarrestar os efectos da Ang-II por medio da formación de Ang(1-7)... Un desequilibrio nos eixes ACE2/Ang(1–7) e ACE/Ang-II é esencial no desenvolvemento de doenzas cardiovasculares. O papel central do ACE2, por tanto, parece contrarrestar a actividade do ACE ao reducir a biodispoñibilidade da Ang-II e incrementar a formación de Ang(1-7)... O uso de moléculas e axentes moduladores do RAS [sistema renina-anxiotensina] como novos axentes terapéuticos en investigación da hipertensión e terapéutica cardiovascular.
Os estudos co ACE2 humano recombinante (rhACE2) mostraton efectos cardíacos beneficiosos. O rhACE2 ten propiedades antifibróticas e pode atenuar o efecto sobre a disfunción sistólica e diastólica, presumiblemente por medio da inhibición de Ang-II.
A posibilidade de usar o A1-7 ou análogos do ACE2, para ampliar as opcións terapéuticas actuais para a FA [fibrilación auricular], pode representar un importante campo de investigación.
Moitos α-coronavirus utilizan a aminopeptidase N (APN) como o seu receptor, o SARS-CoV e o HCoV-NL63 usan o enzima conversor da anxiotensina 2 (ACE2) como o seu receptor, o MHV entra a través do CEACAM1, e o recentemente identificado MERS-CoV únese á dipeptidil-peptidase 4 (DPP4) para conseguir entrar en células humanas (ver Táboa 1 para unha lista de receptores de CoV coñecidos).
Unha vez que o SARS-CoV se une ao seu receptor, redúcense significativamente a abundancia na superficie celular, a expresión do ARNm e a actividade enzimática do ACE2. ... Estes efectos son en parte debidos á potenciación dos procesos de desprendemento/internalización. ... A proteína da espícula únese ao ACE2 e seguidamente regula á baixa a expresión da proteína ACE2 e isto ten como resultado o empeoramento da pneumonía...
Os nosos resultados suxiren un importante papel dos inhibidores de ACE, pero non ARBs [bloqueantes do receptor da anxiotensina], na redución do risco de pneumonía. Estes datos poden desaconsellar a retirada de inhibidores de ACE nalgúns pacientes con eventos adversos tolerables (concretamente, tose) que están en risco particularmente alto de ter pneumonía. Os inhibidores de ACE tamén diminuían o risco de pneumonía relacionado coa mortalidade, principalmene en pacientes coa doenza estabilizada, pero a robustez das evidencias era débil.