Carmen Orcastegui Gros Crónica de San Juan de la Peña (Versión aragonesa). Edición critica. Institución «Fernando el Católico». Cuadernos de Historia Jerónimo Zurita, 51-52.
Diante das circunstancias de que Don Ramiro cedese a posesio e que Dona Petronila fose femia, derivouse que podía manter a potestas, pero non a gestio. Consecuentemente a posición do conde Ramón foi a de ser administrador da Casa, rexente do Reino, do que seguía sendo señor, pai e rei, Ramiro II, até que morreu o 16 de agosto de 1157. Logo a súa filla Dona Petronila sería a reina titular até que o 18 de xuño de 1164 renunciou en favor do seu fillo Afonso II, neno de sete anos, nacido en Huesca en marzo de 1157; renuncia que se efectuou cando xa había dous anos que o conde morrera no burgo de San Dalmacio, xunto a Turín, o 7 de agosto de 1162. Cf. Vicente de Cuéllar, Benito (1995). "Los "condes-reyes" de Barcelona y la "adquisición" del reino de Aragón por la dinastía bellónida". Hidalguía (Instituto Salazar y Castro) (252): 630–631. ISSN0018-1285. [...] a petición da nobreza aragonesa e de todo o mundo, o único irmán de Afonso, Ramiro o Monxe, así chamado porque entrara anos atrás nun convento, tivo que saír deste en 1134 e, contra os desexos do papado que non lle otorgara bula nin liberdade, casara con Inés de Poitiers, enxendrando con ela unha filla en 1136: dona Petronila. E foi pouco despois, en 1137, cando esa nena que non tiña sequera un ano foi dada en matrimonio ao conde de Barcelona Ramón Berenguer IV, quen xa se encontrara con Ramiro na defensa de Zaragoza en 1134 e logo en terras xerundenses en 1135 fronte a grupos islámicos, pero que tamén podían ser casteláns ou franceses.
Petronila, raíña de Aragón e condesa de Barcelona «aragonensis regina et barchinonensis comitissa» doou ao seu fillo Afonso e á toda a súa descendencia —a quen no seu testamento o seu marido chamaba Ramón— todo o reino íntegro «dono [...] tibi, dilecto filio meo Ildefonso, regi aragonensi et comiti barchinonensi, qui in testamento eiusdem viri mei vocaris Raimundus, et omni posteriotati tue omne regnum integriter», en documento datado en Barcelona, a 18 de xuño de 1164. Cf. Miquel Rosell, Francisco (1945). Liber feudorum maior; cartulario real que se conserva en el Archivo de la Corona de Aragón1. Escuela de Estudios Medievales (Consejo Superior de Investigaciones Científicas).