Analysis of information sources in references of the Wikipedia article "Asasinato de Carrero Blanco" in Galician language version.
Cincuenta anos despois, ante aquel espectacular resultado do atentado terrorista, segue habendo teorías conspirativas que a historiografía académica e a análise das fontes documentais rexeitan. Coa perspectiva do tempo, porén, os historiadores formúlanse máis interrogantes: A desaparición de Carrero afectou o futuro de España? En que medida influíu na política vasca? Condicionou a oposición antifranquista? Cal é a memoria do denominado delfín do franquismo? E chegan a unha conclusión: o asasinato de Carrero non supuxo nin o fin do franquismo nin o comezo da Transición.