Vinte anos despois, en agosto de 2021, a Unión Europea autorizou de novo o emprego de proteínas animais -pero só as derivadas de animais non ruminantes- na formulación de pensos para aves de curral e porcos, pero mantendo a prohibición do seu uso en animais ruminantes (Regulamento (UE) 2021/1372 da Comisión, de 17 de agosto de 2021 polo que se modifica o anexo IV do Regulamento 999/2001 (DOUE nº 295, de 18.08.2021) [1].
A declaración oficial da presenza da enfermidade en Galicia tivo lugar o 24 de novembro, coa confirmación do diagnóstico (Orde de 22 de novembro de 2000 pola que se declara oficialmente a existencia da enfermidaed encefalopatía esponxiforme bovina. DOG nº 228, de 24.11.2000 [2]).