Analysis of information sources in references of the Wikipedia article "Escolas de teoloxía islámica" in Galician language version.
Así, os Atharis poden ser descritos como unha escola ou movemento dirixido por un continxente de eruditos ("ulamas"), normalmente hanbalitas ou mesmo shafiítas, que mantiveron influencia, ou polo menos. un sentimento e concepción compartidos da piedade, moito máis alá do limitado abano das comunidades hanbalitas. Este corpo de eruditos continuou rexeitando a teoloxía en favor do textualismo estrito moito despois de que o Asharismo se infiltrara nas escolas de dereito sunnitas. É por estas razóns que debemos delimitar a existencia dun movemento antiteolóxico claramente tradicionalista, que desafía a identificación estrita con calquera madhhab en particular e, polo tanto, non pode ser descrito como hanbalita.