No cartel, un cacique moxe unha vaca mentres unha labrega lle dá de comer, representando ó que saca proveito fronte ó que corre cos gastos. Consérvase un bosquexo deste cartel no que esta mensaxe quedaba explícito no texto ó pé: "Galego: si coidas que non ten dereito a muxil-a vaca quén non lle dá de comer, vota o Estatuto". A idea do cartel nacera 25 anos antes, cando publica o 3 de decembro de 1910 en El Barbero Municipal (periódico do seu Rianxo natal fundado por Castelao, Dieste e outros) unha caricatura co mesmo concepto baixo o pé Pobre teixa esgurrumiada. Reaparece en 1921 cando, na viaxe que realizou por Europa, describe así un dos bosquexos que debuxara despois de visitar un museo de Bruxas con cadros de Brueghel. No Diario da viaxe escribe: "Un paisano (que pode non sere paisano e sí recaudador) está zugando o derradeiro sangue dunha vaca que ten a cabeza de caliveira" (Diario 1921, 224). Este bosquexo de 1921 (que pode verse na colección Castelao do Museo de Pontevedra[Ligazón morta]) é máis cru que os debuxos definitivos que sairían del: primeiro, unha das súas Cousas, que publica o 25 de novembro de 1923 co pé: Así quixeron que fose sempre a nosa terra[Ligazón morta] (175 debuxos de Castelao[Ligazón morta], Caixa de Aforros de Galicia, Santiago 1976, sen paxinar ), e finalmente este cartel para o Estatuto[Ligazón morta].
galiciaaberta.com

"La República constituye un Estado integral, compatible con la autonomía de los Municipios y de las Regiones" - Trad.: "A República constitúe un Estado integral, compatible coa autonomía dos Municipios e das Rexións" (art. 1º da Constitución de 1931). A idea de que a República ía instaurar un estado federal non era só unha esperanza galega. Moitos outros actos celebrados para proclamar a República así o defenderon. Sirva de exemplo a proclamación da República catalá o mesmo 14 de abril [1].
É Castelao quen o explica así: "inquedábame máis o paradeiro do Estatuto, vendo en todo elo a man de quen ... logo negouse a dar representantes para reorgaizala dispois da sesión de Montserrat, é dicir, a man dos socialistas de Prieto" (Carta de Castelao a Rodolfo PradaArquivado 18 de agosto de 2011 en Wayback Machine. (10 de abril de 1947)).