Fenois (Galician Wikipedia)

Analysis of information sources in references of the Wikipedia article "Fenois" in Galician language version.

refsWebsite
Global rank Galician rank
6,742nd place
3rd place

xunta.gal

egu.xunta.gal

  • FENOL1.- Cada un dos compostos orgánicos que conteñen un ou varios grupos hidroxilo unidos a átomos de carbono dun anel bencénico ou de calquera outro ciclo aromático, como os monofenois ou monohidroxibencenos (fenois), ou os difenois ou dihidroxibencenos (pirocatecol, resorcinol e hidroquinona). Tanto os monofenois como os polifenois son os responsables de moitas coloracións das flores, e preséntanse en gran cantidade no alcatrán de hulla e no de madeira, de onde se obtén industrialmente. Sinteticamente obtéñense principalmente por fusión de sales de ácidos arilsulfónicos, por hidrólise de sales de diazonio aromáticos, etc. Os fenois son máis ácidos ca os seus derivados análogos alifáticos, e dan sales, chamados fenolatos, xa que o ión fenóxido que resulta, unha vez disociados os fenois, resta moita estabilidade por resonancia. Efectúanse sobre os grupos hidroxilo dos fenois reaccións de eterificación, de esterificación e de substitución. O grupo hidroxilo activa as posicións orto e para dos fenois. 2.- Derivado monohidroxilado do benceno descuberto por Runge en 1834 no alcatrán de hulla. Obtense industrialmente, conxuntamente coa acetona, mediante o proceso Hock a partir do cumeno, segundo as reaccións: FÓRMULA C6H5SO3Na+2NaOHC6H5ONa+Na2SO3​+H2O 2C6H5ONa+SO2​+H2O→2C6H5OH+Na2SO3​ O fenol emprégase na obtención de resinas sintéticas e na produción doutras substancias como o nailon e determinados herbicidas. Na industria farmacéutica emprégase na preparación do ácido salicílico e da fenolftaleína. Tamén recibe o nome de ácido fénico ou ácido carbólico. "fenol" ; EGU - Enciclopedia Galega Universal (xunta.gal)