Ata o século XX tendíase a identificar etnicamente os macedonios como búlgaros ao non existir unha conciencia nacional propia macedonia e estar considerados os macedonios como búlgaros polos otománs e, xa que logo, integrados no ensino en lingua búlgara. Así e todo, si había diferenzas no seo da lingua vernacular dos macedonios e búlgaros, distinguíndose claramente unha variedade oriental e outra occidental, e foi a adopción da variedade oriental como a norma oficial da lingua búlgara ao longo do século XIX unha das causas que levou á creación dun estándar propio macedonio: Victor Roudometof (2002). Collective Memory, National Identity, and Ethnic Conflict: Greece, Bulgaria, and the Macedonian Question. Greenwood Publishing Group. p. 66.