Analysis of information sources in references of the Wikipedia article "Gottfried Wilhelm Leibniz" in Galician language version.
O certo é que Newton e Leibniz descubriran o cálculo de forma independente. Newton entre 1666 e 1669, e para 1671 xa tiña escritos dous libros. Deunos a coñecer só a un grupo de colegas, pero non os publicou –dáballe pánico que as súas obras puidesen ser criticadas–; de feito o primeiro deses libros non se publicou ata 1704 e o segundo ata 1736 –nove anos despois de morto Newton!–. Leibniz descubriu o cálculo uns anos máis tarde que Newton, entre 1675 e 1676, nos dous últimos anos dos case cinco que pasou en París. Pero publicou os seus descubrimentos antes, en 1684 e 1686. As versións do cálculo de Newton e Leibniz foron conceptualmente distintas, e os seus conceptos fundamentais lixeiramente diferentes aos nosos.
En Alemaña, un xenio, robusto, de gran altura e de bo carácter, con apenas tres anos menos que Newton, lograra no ano 1676 concibir o mesmo cálculo e fíxoo público inmediatamente, sen facer referencias a Newton. Leibniz (aínda que sen dispoñer de axuda algunha de Newton) sabía que este xa tiña no seu poder o mesmo traballo.