O dicionario da RAG non recolle o termo goxi, xa que é un froito de recente aparición no panorama occidental. As plantas do xénero Lycium, porén, si teñen un nome galego de seu: cambroeiras que vén recollido en varios dicionarios coma o Gran dicionario Xerais da lingua galega Vigo, Xerais, 2009 - A partir do Dicionario de Dicionarios da Universidade de Santiago de Compostela: https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/buscas/busca.htm#20509784