Vista panorámica de Glasgow, 1864: arriba á dereita, a Catedral coa brecha do Molendinar Burn separándoa do outeiro da Necrópole; dende a catedral baixa o eixo medieval High Street-Saltmarket-Briggate (o tramo final diagonal) ata a ponte vella (Old Bridge) no río Clyde; o grande eixo horizontal paralelo ao río é a Trongate (e a súa continuación Argyle Street) dando pé a Merchant City en cuadrícula; George Square sinalada pola Columna de Walter Scott; á esquerda abaixo a inxente actividade do porto no Clyde e a estación do ferrocarril na beira sur mentres á dereita esténdese o Glasgow Green; arriba destacan as altas chemineas das factorías do norte (a carón do Canal do Firth of Forth) e tamén á beira do porto embaixo. Cop. Univ. de Glasgow[2]