Analysis of information sources in references of the Wikipedia article "Idade Media" in Galician language version.
Nesta época, a noite vívese en ambientes pouco luminosos: en cabanas alumeadas como moito polo lume da lareira, nas estancias amplísimas de castelos iluminados por fachóns ou na cela dun monxe á débil luz dun candil, e escuras (ademais de inseguras) eran as rúas das vilas e das cidades. Porén, esta é unha característica propia tamén do Renacemento, do Barroco e -máis tarde aínda- do período que se prolonga polo menos ata o descubrimento da electricidade. En cambio, ao home medieval vémolo -ou, polo menos, podemos atopalo representado na poesía e na pintura- nun ambiente moi luminoso. O que chama a atención nas miniaturas medievais é que, sendo realizadas talvez en ambientes escuros apenas iluminados por unha única ventá, están cheas de luz, incluso dunha luminosidade especial, producida pola proximidade de cores puras: vermello, azul, ouro, prata, branco e verde, sen matices nin clarescuros.Umberto Eco, Historia da Beleza, px. 99-100
Le Goff, Héroes, maravillas y leyendas de la Edad Media, Paidós, 2010; Georges Duby La época de las catedrales citados por Guillermo Altares Robin Hood y la actualidad de la Edad Media, El País, 26 de decembro de 2010