Lei e Xustiza na Sociedade Celta Irlandesa. Extraído do Libro “For a New Liberty” de Murray Rothbard. Capítulo 12 Sobre o Sector Público: a policía, as leis e as cortes. Para Rothbard nesta sociedade había cortes e leis libertarias, que funcionaban dentro dunha sociedade sen goberno, é dicir presentaba trazos dunha anarquía. Os clans ou tuath eran as unidades políticas básicas e formábanse de persoas unidas voluntariamente para propósitos sociais beneficiosos e a suma total dos terreos dos seus membros constituía a súa dimensión xeográfica, é dicir, soamente abarcaban os territorios propios dos seus membros voluntarios.