Analysis of information sources in references of the Wikipedia article "Israel" in Galician language version.
En 1948, o novo estado independente de Israel fíxose cargo das antigas regulacións británicas que estableceran o inglés, o árabe e o hebreo como linguas oficiais do Mandato de Palestina mais, como se mencionou, eliminou o inglés da lista. A pesar disto, o uso oficial da lingua mantivo un papel de de facto para o inglés, por detrás do hebreo mais por diante do árabe.
O inglés non é considerado oficial mais exerce un papel dominante na vida educativa e pública da sociedade israelí. ... É a lingua máis amplamente empregada no comercio, os negocios, papeis formais, no mundo académico, e interaccións públicas, sinais públicos, direccións nas estradas, nomes de edificios, etc. O inglés compórtase 'como se' fora a segunda lingua oficial de Israel.
En termos do inglés, non hai conexión entre as políticas e declaracións e as prácticas de facto. Aínda que o inglés non se declara en ningures como lingua oficial, a realidade é que ten un status moi alto e único en Israel. É a lingua principal no eido académico, no comercio, nos negocios, e no espazo público.
O compromiso, polo tanto, era escoller unha ambigüidade construtiva: por sorprendente que pareza, non hai ningunha lei que declare o xudaísmo como a relixión oficial de Israel. Con todo, tampouco hai outra lei que declare a neutralidade de Israel cara a todas as confesións. O xudaísmo non está recoñecido como a relixión oficial do estado, e mesmo aínda que o clero xudeu, musulmán e cristián recibe o seu salario do estado, este feito non fai de Israel un estado neutral. Este aparente pluralismo non pode disimular o feito de que Israel amosa un claro e indubidablemente xerárquico pluralismo en asuntos relixiosos. ... É importante sinalar que dende o punto de vista multicultural, este secularismo autorrestrinxido permite que a lei musulmá se practique en Israel para asuntos persoais da comunidade musulmá. Por sorprendente que pareza, se non é paradóxico nun estado en guerra, Israel é o único país democrático occidental no que a Sharia ten status oficial.
É certo que os xudeus israelís, e os israelís seculares en particular, conciben a relixión como moldeada por un establecemento relixioso patrocinado polo estado. Non hai formalmente unha relixión de estado en Israel, mais o estado dálle o seu recoñecemento oficial e apoio económico a comunidades relixiosas concretas, xudías, islámicas e cristiás, cuxas autoridades e tribunais están facultados para tratar cuestións de carácter persoal e dereito familiar, como o matrimonio, o divorcio, e a pensión alimentaria, que son vinculantes para todos os membros das comunidades.
Aínda que non hai unha relixión oficial en Israel, tampouco hai unha separación clara entre relixión e estado. Na vida pública israelí, frecuentemente xorden tensións entre diferentes correntes do xudaísmo: ultraortodoxos, nacional-relixiosos, Mesorati (conservadores), Reconstrutivistas Progresistas (Reformistas), e diversas combinacións de tradicionalismo e non practicantes. A pesar desta variedade de prácticas relixiosas na sociedade, o xudaísmo ortodoxo prevalece institucionalmente sobre as outras correntes. Esta fronteira é unha consecuencia histórica da evolución única da relación entre o nacionalismo israelí e a construción do estado. ... Dende o período da fundación, para acougar as tensións relixiosas, o Estado de Israel adoptou o que é coñecido como o 'status quo', un acordo non escrito que estipula que non se farían máis mudanzas no status da relixión, e que o conflito entre os sectores practicante e non-practicante manexaríase circunstancialmente. O 'status quo' pertenceu dende aquela ao status legal tanto dos xudeus relixiosos como dos seculares en Israel. Esta situación foi deseñada para tranquilizar ao sector relixioso, e ten sido sostida indefinidamente polo poder desproporcionado dos partidos políticos relixiosos en todos os gobernos de coalición subseguintes. ... Por unha banda, a Declaración de Independencia adoptada en 1948 garante explicitamente a liberdade de culto. Por outra banda, simultaneamente impide a separación da relixión e o estado en Israel.
Israel e Siria manteñen conversas de paz indirectas, con Turquía como mediador…
A gran importancia política e ideolóxica da relixión no Estado de Israel maniféstase nas múltiples disposicións legais relativas ao fenómeno relixioso. ... Non é un sistema de separación entre estado e relixión como se exerce nos Estados Unidos e varios outros países do mundo. En Israel un gran número de organismos relixiosos exercen funcións oficiais; a lei relixiosa aplícase en áreas limitadas.
Tanques israelís congréganse na fronteira de Gaza mentres avións de combate bombardean de novo obxectivos de Hamás no enclave densamente poboado onde os ataques mataron preto de 300 persoas en menos de dous días.
Á noite do sábado milleiros de soldados das tropas israelís e tanques invadiron a Franxa de Gaza gobernada por Hamás despois de que oito días castigando con ataques aéreos non lograran deter os ataques con cohetes do grupo a Israel.
Manifestacións en cidades ao redor do mundo o domingo marcharon en protesta contra os ataques aéreos israelís na Franxa de Gaza que mataron preto de 300 persoas no territorio palestino.