O xornalista Juan Jesús González describe a obra como segue (orixinal en castelán): «"Os Gaiteiros do Corpus en Compostela" é un fermoso cadro do señor Martínez Buján [...]. Neste cadro do señor Buján aparecen, efectivamente, eses dous "gaiteiros" [gal. no orixinal], que, durante o traxecto que percorre polas rúas compostelás a procesión do Corpus, van coa súa gaita e o seu tamboril dicindo as "queixas" e os "mormoríos", as "morriñas" e as "nostalgias" da terra galaica. Neste lenzo, dun fondo escuro, saliéntanse as figuras dos dous "gaiteiros", sintetizando unha tradición compostelá e polo tanto galega; tradición na que soubo inspirarse o señor Buján para mover maxistralmente os seus pinceis e traer á nosa vista, pouco facultada na percepción destes traballos artísticos, unha obra mestra, que é unha xoia máis para a galería artístico-pictórica de Galicia, se en Galicia chegárase formar un Museo da Arte. Non falemos dos matices, da seguridade das liñas, dos debuxos, das expresións e do colorido, que son partes integrantes desta preciosa produción do señor Buján, xa que a obra di, conxuntamente, todo o seu valor estético e caracterízase por si mesma; pero diremos, si, que no seu fondo, nese fondo que o artista quixo imprimir á súa obra, hai unha idea, un sentimento perennes, que nos din claramente o obxectivo que perseguiu o señor Martínez Buján para chegar á formar unha xoia máis, que ven enriquecela nosa Arte rexional. É o cadro do señor Buján unha síntese dunha tradición galega, desas tradicións tan vastas e tan gloriosas que foron unificando o alma da nosa raza, nun núcleo de glorias e tradicións venerandas. [...] Así que vendo este lenzo do señor Buján vese arte pura e "enxebre", daquela Arte que amamos aqueles que anhelamos o renacemento galego a base dunha boa conciencia e dunha clara intelixencia. Non dubidamos que non haxa acredores a este cadro do Sr. Buján, xa que é unha obra maxistral e habendo, como tampouco dubidamos que haxa, xente en Santiago amante da Arte galega e que se encariña con estas obras dos nosos artistas…» ("Arte Gallego". El Compostelano(en castelán) (Santiago de Compostela). 1-12-1921. p. 1.)