Analysis of information sources in references of the Wikipedia article "Lamarckismo" in Galician language version.
Os neodarwinistas modernos non negan que os mecanismos epixenéticos xoguen un papel importante durante o desenvolvemento nin negan que estes mecanismos permitan unha variedade de respostas adaptativas ao ambiente. Os cambios recorrentes predicibles do estado epixenético proporcionan un conxunto útil de interruptores que permiten que células xeneticamente idénticas adquiran funcións diferenciadas e permiten respostas facultativas dun xenotipo aos cambios ambientais (con tal que cambios 'similares' ocorreran repetidamente no pasado). Porén, a maioría dos neodarwinistas afirmarían que a capacidade de cambiar adaptativamente o estado epixenético é unha propiedade da secuencia de ADN (no sentido que secuencias alternativas mostrarían un diferente comportamento dos interruptores) e que calquera incremento da adaptatividade no sistema tivo lugar por un proceso de selección natural.