Suárez Sandomingo (José Manuel Suárez Sandomingo (29-3-2017). "Los Díaz Baliño (1)". GaliciaDigital.com(en castelán). Consultado o 26-5-2017.) tamén afirma que só chegaron a ser sete irmáns, esquecendo tamén o primeiro Germán, a Gonzalo e a Joaquín. Engade outro nome, Avelino, de quen non atopamos referencias, polo que pode ser algún destes tres mencionados, quizais un segundo nome dalgún. Suárez Sandomingo informa no seu artigo que «a pesar dos seus sete fillos, a familia Díaz-Baliño nunca puido presumir de ser numerosa, posto que na época ter un número tan elevado de membros era algo normal. De feito, nin sequera a finais dos anos vinte o Instituto Nacional de Previsión consideraba que unha familia fose numerosa se esta non superaba os oito descendentes». Porén, como temos visto, o número de fillos vivos ao mesmo tempo na familia acadou os oito (o único falecido sendo neno foi o primeiro Germán), polo que a non consideración de familia numerosa puido vir da posibilidade de non conviviren todos xuntos.