Outra lenda da outra explicación completamente distinta: estando Xesucristo cravado na cruz, un soldado romano quixo darlle un pouco de leite a beber. Había unha mulleriña que pedía 18 moedas polo leite, pero o soldado só tiña 17 e por máis que teimou, a vella só repetía 18, 18. Así que Xesucristo maldizouna e converteuna nunha rula, que só sabe dicir 18, 18. Cando, por fin, a vella acepte as 17 moedas, volverá ó seu ser humano, pero se, ó contrario, sobe o prezo a 19, será que o fin do mundo é chegado (La tórtola turca, una maldición divina(en castelán) [consultado o 24.12.2023].