Analysis of information sources in references of the Wikipedia article "Millo" in Galician language version.
Last modified:
Estudos recentes no val central do río Balsas, en México, berce da orixe do millo, documentan a presenza de fitolitos e grans de amidón de millo no 8700 a.C., a data máis temperá rexistrada para este cultivo (Piperno et al. 2009; Ranere et al. 2009). Un amplo corpus de datos indica que se dispersou pola parte baixa de Centroamérica cara o 7600 a,C. e que se trasladou aos vales interandinos de Colombia entre o 7000 e o 6000 a.C. Dado o número de xacementos do Val do Cauca (Colombia) que mostran a presenza de millo temperán, é probable que os vales interandinos fosen unha das principais rutas de dispersión do cultivo tras a súa entrada en Suramérica.