Analysis of information sources in references of the Wikipedia article "Neurotransmisor monoamina" in Galician language version.
A diferenza doutros neurotransmisores monoamina, o mecanismo polo cal se regula o contido de histamina do cerebro segue estando pouco claro. En mamíferos, os transportadores de monoamina vesiculares (VMATs) exprésanse exclusivamente en neuronas e son mediadores no almacenamento de histamina e outras monoaminas.
As aminas traza son metabolizadas no corpo dos mamíferos pola monoamino oxidase (MAO; EC 1.4.3.4) (Berry, 2004) (Fig. 2) ... Esta desamina aminas primarais e secundarias que están libres no citoplasma neuronal mais que non se unen a vesículas de almacenamento das neuronas simpáticas ... De xeito similar, a β-PEA non sería desaminada no tracto dixestivo, xa que é un substrato selectivo da MAO-B, que non se encontra no tracto dixestivo ...
Os niveis cerebrais de aminas traza endóxenas son varios centos de veces menores que os dos neurotransmisores clásicos noradrenalina, dopamina e serotonina, pero as súas taxas de síntese son equivalentes ás da noradrenalina e dopamina e teñen unha taxa de recambio moi rápida (Berry, 2004). Os niveis en tecidos extracelulares endóxenos de aminas traza medidos no cerebro están no rango nanomolar baixo. Estas baixas concentracións orixínanse debido ás súas vidas medias curtas ...
Ademais da principal vía metabólica, as TAs [aminas traza] poden tamén ser convertidas por N-metiltransferases (NMT) [22] e feniletanolamina N-metiltransferases (PNMT) non específicas nas correspondentes aminas secundarias (por exemplo a sinefrina, N-metilfeniletilamina e N-metiltiramina), que presentan actividades similares sobre TAAR1 (TA1) como os seus precursores de amina primaria...Tanto a dopamina coma a 3-metoxitiramina, que non sofren unha maior N-metilación, son agonistas parciais de TAAR1 (TA1). ...
A desregulación dos niveis de TA foi ligada a varias doenzas, o cal salienta os membros correspondentes da familia de TAAR como dianas potenciais para o desenvolvemento de fármacos. Neste artigo centrámonos na relevancia das TAs e os seus receptores para os trastornos relacionados co sistema nervioso, concretamente a esquizofrenia e a depresión; porén, as TAs foron tamén ligadas a outras doenzas como as migrañas, o trastorno por déficit de atención con hiperactividade, abuso de drogas e trastornos da alimentación. Os estudos clínicos informan dun incremento dos niveis plasmáticos de β-PEA en pacientes de esquizofrenia aguda e elevada excreción urinaria de β-PEA en esquizofrénicos paranoides, o cal apoia que as TAs teñan un papel na esquizofrenia. Como resultado destes estudos, a β-PEA foi denominada a "anfetamina endóxena" do corpo.
Esta "evolucionabilidade" dos sistemas de dopamina foi un instrumento para adaptar as especies de vertebrados a case todos os posibles ambientes.

Estes datos suxiren que foi necesaria unha duplicación do xene do receptor D1/beta para elaborar novas respostas adaptativas psicomotaras de catecolaminas e que xurdiu expecificacmente un sitema noradrenérxico na orixe da evolución dos vertebrados.