O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, logo de presidir a Xunta de Goberno da Deputación, informou na tradicional rolda de prensa posterior, fóra dos asuntos da orde do día, que a Área de Cultura da Deputación "vai recuperar a primeira publicación do poema Letanía de Galicia de Uxío Novoneyra que se publicou en 1972", segundo lembrou Antón Bao, no número 3, páxina 63, da revista Fronte e Cocote, da Escola de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo. Antón Bao (...), lembrou a historia da primeira edición deste poema que a Área de Cultura recuperou e distribuirá franqueada por unha orla con debuxos de Castelao. O director da publicación era o enxeñeiro agrónomo e profesor Odón Luís Abad Flores, o subdirector o veterinario e profesor Leoncio Cadórniga Carro e o xefe de redacción o alumno Adolfo de Abel Vilela. A Letanía, segundo lembrou Bao, foi prohibida en tres ocasións pola censura, nunha delas aparecía na cuberta dun disco. Foi o colaborador da revista Xesús Alonso Montero, que era veciño de Abad Flores, o que propuxo a publicación. Decidiuse facer unha orla reproducindo debuxos de Castelao tomados do Álbum Nós que fotografou o que era alumno Miguel Ángel Montero Vaz, dun exemplar que tiña na súa casa Abad Flores. Debuxou a orla por encargo de Adolfo de Abel o pintor Luís Gómez Pacios. Deputación Provincial de Lugo
Ingresou co discurso Sobre la Academia de Agricultura de La Coruña, lido o 18 de decembro de 1984, e publicado polo Instituto en 1988.[2]Arquivado 05 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
Na sección Ciencias afíns. Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia. [1]Arquivado 06 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
Ingresou co discurso Sobre la Academia de Agricultura de La Coruña, lido o 18 de decembro de 1984, e publicado polo Instituto en 1988.[2]Arquivado 05 de setembro de 2011 en Wayback Machine.