Será a partir dunha situación tal, na que se quebrar ou existir ameaza inminente de quebra do normal funcionamento dos poderes constitucionais do Estado, cando poida falarse con propiedade dunha función rexia de defensa constitucional. O exemplo de tal hipótese de extrema gravidade, non prevista no ordenamento, foi a tentativa golpista de febreiro de 1981. En casos como o anterior, incumbe ó Xefe do Estado a defensa da Constitución consoante o artigo 61.1, na súa condición de xefe supremo das Forzas Armadas (art. 62.h) e, a través da finalidade que a estas lles outorga o artigo 8."Congreso".