The Silver Ghost. Este coche foi pedido coa carrozaría Barker pintado especificamente de prata para dar a coñecer o seu novo modelo de 40/50 hp que se desenvolveu "con extraordinario sixilo". O seu nome "The Silver Ghost" (a pantasma prateada) gravouse nunha placa repuxada especialmente no seu taboleiro de instrumentos. Logo da chegada do modelo Phantom en 1925 os coches 40/50 eran coñecidos como as pantasmas de prata para distinguilos, pero este coche foi o único coche con dereito ao nome. Muhammad Ali Jinnah tamén utilizou Silver Ghost como o seu coche oficial.http://www.motoringme.com/features/jinnahs-rolls-royce-1924-silver-ghost-wins-in-kuwait-concours-delegance/