Nun artigo de difusión publicado en La Jornada, Florescano sinala que «sostiven que a chamada cultura tolteca é orixinaria de Teotihuacán e que esta cidade foi o modelo das capitais políticas posteriores, o berce dos cantos e do códice pintado que narraron as orixes do Cosmos e da crónica do reino, e a primitiva Tollan, da que derivaron as posteriores: Tollan Cholula, a Tula de Hidalgo, Tulán Zuywá (Chichén Itzá) e Tollan-Tenochtitlán» (Florescano, E.: «Chichén Itzá, Teotihuacán y los orígenes del Popol Vuh». La Jornada Semanal, 12 de xuño de 2005. Versión electrónica consultada o 2 de febreiro de 2010.
«A idea de que houbo anteriormente unha cidade tan grande e impresionante, que supera mesmo a Tenochtitlan, era Teotihuacán, pero non estou de acordo en que o seu nome antigo era Tollan» (Millon, René: cit. Ravelo, Renato: «Rechaza Millon que Teotihuacán se llamara Tollan», artigo do 23 de setembro de 2002 no diario La Jornada (México). Versión electrónica consultada o 2 de febreiro de 2010.)