O historiador Manuel de Mendiburu no seu Diccionario histórico-biográfico del Perú, Tomo II [1], sinala a Boán como o oidor decano que sucedeu na presidencia da Audiencia o vicerrei Conde de Monterrey, sen mencionar a Núñez de Avendaño. Outro historiador, José Toribio Polo, citando unha carta da Audiencia ao Cabido, Xustiza e Rexemento da cidade de San Juan de la Frontera de las Chachapoyas demostra que o oidor decano era entón Diego Núñez de Avendaño. A aparente contradición foi xa resolta, ao saberse agora que Boán ocupou a Presidencia da Audiencia trala morte de Avendaño, tal como explícao o historiador Rubén Vargas Ugarte na súa Historia General del Perú. Tomo III, páx. 93 (Terceira Edición. Lima, Perú, 1981. ISBN 84-499-4815-0).