Época arcaica (Galician Wikipedia)

Analysis of information sources in references of the Wikipedia article "Época arcaica" in Galician language version.

refsWebsite
Global rank Galician rank
low place
low place
low place
low place

gipuzkoakultura.net

antiqua.gipuzkoakultura.net

  • "Tribo" é un termo latino, utilizado para a organización sociopolítica romana; que se aproxima ao uso que tiña a institución e a palabra grega phylé, fylé o phulē (φυλή -"raza", "pobo"-), do verbo fyeszai ou phuesthai (φύεσθαι "descender de", "ter orixe en"). "Clan" adoita ser a tradución da palabra grega genos (γένος -"especie", "raza", "familia", "nacemento"-), que denominaba a unha institución política clave nas polis aristocráticas. Tamén existía unha institución intermedia entre o genos e a phyle: a fratría (φρατρία -"irmandade"-). As reformas de Clístenes desvirtuaron a súa condición de agrupacións baseadas no parentesco substituíndoas polas agrupacións baseadas na veciñanza: trittyes (τριττύες, plural de trittys, τριττύς -"trixésima"-) e demoi (δήμοι, plural de demos, δημος -"pobo"-). A antropoloxía reutilizou o termo "tribo" para a categorización dun tipo de sociedade no que a relación de parentesco estrito, propia dunha sociedade máis primitiva (sociedade clánica), se amplía ao parentesco teórico, ou descendencia dun presunto antepasado común, propia das sociedades máis evolucionadas (sociedade tribal ou patriarcal); aínda que menos sofisticada que as sociedades urbanas, sociedades complexas ou civilizacións, fronte ás que serían aínda estadio cultural primitivo denominado "barbarie". Tales termos quedaron obsoletos na antropoloxía actual, pero seguen sendo explicativos da imaxe que os gregos, desde finais da época arcaica, tiñan de si mesmos como sociedade que estaba a construírse como civilización, fronte a outras sociedades percibidas como "o outro" (bárbaroi βάρβαροι -"estranxeiro", "o que non fala grego", "o que balbucea"-), noutros estadios de evolución cultural. A oposición civilización / barbarie, paralela á de techne / physis (τέχνη / φύσις -"técnica", "arte" ou "cultura" / "natureza"-) e a a de cosmos / caos (κόσμος / χάος -"orde" / "desorde"-),é de feito un tópico cultural na Antiga Grecia, visíbel en numerosos mitos, frecuentemente representados na arte (como a Centauromaquia). Similar interpretación teñen as figuras dos heroes civilizadores (Prometeo, Dédalo, Heracles, Xasón, Teseo, Ulises, Edipo etc. -dotan á humanidade de recursos, abren camiños ou os despexan de obstáculos ou monstros-) e os heroes epónimos (os fundadores míticos das tribos ou as polis -na Ágora de Atenas, fronte ao Bouleuterion levantábase o monumento dos heroes epónimos-). A oposición entre o natural (physikón φυσικών) e o artificial (technitón τεχνητών) é tamén a do natural e o convencional (nomos νόμος -"lei"-, en canto este concepto, antes sagrado -Nomos como daimon ou aspecto de Zeus- se seculariza e relativiza), e se constituirá nun dos temas principais da filosofía grega, por exemplo, na lenda do Anel de Xixes (Platón, A República), ou na misión que se autoimpuxo Dióxenes de Sinope (parakháraxis -palabra que significa tanto "falsificar a moeda" como "cambiar a constitución"-[1]); pero xa na época clásica (séculos -V e -IV). O orgullo cívico que se forxou durante a época arcaica implicaba para os gregos, ou polo menos para unha porcentaxe considerabelmente significativa deles (os varóns libres que gozaban da cidadanía en certas polis), a conciencia de ser protagonistas por si mesmos e pola súa polia (e non tanto pola súa orixe familiar) do seu destino persoal e social (un destino que a interpretación literaria dos mitos representaba como unha tensión entre a vontade do heroe e a súa ananké - ανάγκη, o fatum latino-). Dependendo menos da súa fortuna (tyche τύχη) que do seu esforzo, habilidade ou virtude (areté αρετή), e especialmente do mantemento da solidariedade cos seus concidadáns (a que manifestaba o hoplita, sen romper as filas, gardando co seu propio escudo o flanco do hoplita da súa esquerda, confiando en que o propio era gardado polo hoplita da súa dereita); ese destino podía sobrepoñerse fronte á natureza, os deuses, os homes poderosos ou as entidades políticas exteriores ao espazo grego. A súa condición pode cualificarse de liberdade, unha situación que nunca se dera con anterioridade (Anderson, op. cit., px.). Para expresar ese ideal non utilizaban tanto a palabra eleutheria ἐλευθερία ("liberdade" -en:Eleutheria-) como as palabras autárkheia (αὐτάρχεια -"gobernarse a si mesmo"-, que adoita traducirse por "autarquía" ou "autosuficiencia") ou autonomía (αὐτονομία -"rexerse polas súas propias leis"), e expresións como Nomos Basileus (Νόμος βασιλεύς -"a lei é o rei"-, frase de Píndaro divulgada por Platón en Gorxias).

wikipedia.org

en.wikipedia.org

  • J.A.R Munro. "Pelasgians and Ionians". The Journal of Hellenic Studies, 1934 (JSTOR). Fonte citada en en:Ionians
  • Powell, B. (1988), "The Dipylon Oinochoe Inscription and the Spread of Literacy in 8th Century Athens", Kadmos 27: 65–86. Fonte citada en en:Dipylon inscription